Encargos a medios propios personificados son unha forma na que unha entidade pública pode pedir a outra entidade (que pode ser pública ou privada) que faga un traballo específico, como obras, subministracións, servizos, concesión de obras ou concesión de servizos. Isto faise directamente, sen cambiar quen ten a responsabilidade do traballo. A cambio, a entidade que fai o traballo recibe unha compensación económica.
A Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público (LCSP), refírese aos encargos como “sistemas de cooperación vertical” utilizados polas entidades pertencentes ao sector público en exercicio da potestade de auto organización de que dispoñen.
A LCSP distingue se o encargo emana dunha entidade que ten a consideración de poder adjudicador (artigo 32 LCSP) ou se, pola contra, non ten carácter de poder adjudicador (artigo 33 LCSP).