A lei de Acción e Servizo Exterior do Estado establece o marco das actuacións do Estado en relacións internacionais: obxectivos, principios, suxeitos, ámbitos, planificación, coordinación, o Servizo Exterior do Estado, o persoal e as súas familias. Tamén regula a colaboración co Servizo Exterior da Unión Europea e de Países Iberoamericanos.
O Goberno dirixe e coordina a política e a acción exterior. Hai moitos suxeitos que participan na acción exterior do Estado: institucións do Estado, especialmente a Coroa, a Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas, os Entes Locais, os seus distintos órganos e institucións dependentes. Por exemplo, os distintos Ministerios, Organismos Autónomos do Estado desenvolven no ámbito das súas competencias accións exteriores.
O Goberno planifica e coordina a política e a acción exterior consultando cos distintos suxeitos. Elabora unha Estratexia e Informe da Acción Exterior. Presta especial atención á Marca España. Un Consello de Política Exterior asesora ao Presidente do Goberno. Un Consello executivo fai propostas sobre medios humanos, materiais e organización. Existe un grupo de emerxencia consular para protexer aos cidadáns españois.
O Servizo Exterior do Estado está formado por todas as institucións e órganos do Estado no exterior. Estes actúan baixo a dependencia e coordinación do Embaixador.
Forman parte do mesmo entre outros:
As misións Diplomáticas Permanentes ante Estados: Coordinan a acción exterior nestes Estados. Contan cunha Xefatura, Cancillería encargada de xestionar os medios materiais e humanos, Cancillerías encargadas de diversos temas, agregadurías. Destacan tamén as Oficinas Económicas, Técnicas, Centros de Cooperación Técnica, Formación, Culturais ou do Instituto Cervantes.
As Representacións Permanentes de España ante Organizacións Internacionais. Especialmente ante a Unión Europea.
Misións Diplomáticas Especiais e Delegacións temporais.
Oficinas Consulares para atender á tramitación de distintos trámites.