Información sobre las funciones del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentacion y sus organismos públicos vinculados o dependientes.
Información sobre las funciones del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentacion y sus organismos públicos vinculados o dependientes.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación é o Departamento competente no ámbito da Administración Xeral do Estado para a a proposta e execución da política do Goberno en materia de recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, de industria agroalimentaria, de desenvolvemento rural e de alimentación.
Corresponde ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das competencias do Estado, a elaboración da lexislación estatal nas materias agrícolas, pesqueiras e alimentarias; a proposta e execución das directrices xerais do Goberno sobre a política agraria, pesqueira e alimentaria; a representación do Estado nos organismos internacionais correspondentes a estas materias, sen prexuízo das competencias do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; así como a coordinación de actuacións, a cooperación e a concertación no deseño e aplicación de todas as políticas que afecten o ámbito de competencias das comunidades autónomas e das restantes Administracións públicas, propiciando a súa participación a través dos órganos e instrumentos de cooperación adecuados.
Corresponde á Secretaría Xeral de Pesca, baixo a superior dirección do Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, o exercicio das competencias propias do Departamento sobre planificación e execución da política en materia de pesca marítima en augas exteriores e acuicultura, de ordenación básica do sector pesqueiro, a xestión e a coordinación dos fondos comunitarios destinados á pesca e acuicultura, de bases da comercialización e transformación dos produtos pesqueiros, e a participación na planificación da política de investigación en materia de pesca e acuicultura. Tamén lle corresponden as relacións institucionais coas organizacións profesionais e outras entidades representativas de interese no sector pesqueiro, sen prexuízo das competencias da Subsecretaría do Departamento.
Así mesmo, exercerá as funcións relativas aos acordos pesqueiros da Unión Europea con terceiros países, as derivadas da participación do Reino de España, por si ou no seo da delegación da Unión Europea, en organizacións internacionais de pesca e a cooperación internacional en asuntos pesqueiros e acuícolas en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación. Correspóndelle, igualmente, a determinación da posición española ante a Unión Europea nas materias referidas e a planificación, coordinación e xestión da política marítima integrada (PMI).