O obxectivo das actividades de sensibilización e formación en Goberno Aberto é promover na nosa sociedade unha cultura baseada nos principios da transparencia, a rendición de contas, a integridade, a colaboración e a participación. Son actividades dirixidas á cidadanía en xeral ou a colectivos específicos, e pretenden difundir información sobre o dereito de acceso á información e a participación nos asuntos públicos, para promover o seu exercicio e achegar a Administración á cidadanía.
Consulte desde este espazo as distintas iniciativas de sensibilización e formación en Goberno Aberto: