Ir ao contido

Dereito a saber

Este dereito implica que toda a cidadanía debe poder acceder á información pública.

Este acceso pódese exercer de dúas formas:

  • Consultar, no Portal da Transparencia, a sección de Publicidade activa, na que se recollen as obrigas establecidas nos artigos 6, 6 bis, 7 e 8 da Lei 19/2013 de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno.
  • Presentar unha solicitude de acceso á información pública no caso de que a información solicitada non se atope publicada no Portal da Transparencia.

Tanto nun caso como no outro, a Lei 19/2013 establece uns límites para o acceso á información pública no artigo 14.

Hay que ter en conta que o dereito a saber recoñecido na citada Lei 19/2013 non ten carácter de dereito fundamental, (é dicir, non é un dereito especialmente protexido pola nosa Constitución).

Nacións Unidas recoñeceu a iniciativa de celebrar o 28 de setembro o Día Internacional do Dereito a Saber.

El Día Internacional do Dereito a Saber serve ademais para lembrar que a maioría dos avances en transparencia foron froito do traballo dunha cidadanía esixente, e que hoxe é máis necesario que nunca que os cidadáns se involucren máis no proceso. O dereito a saber comeza polo deber de preguntar.

Seccións do Portal da Transparencia relacionadas co Dereito a Saber: