Neste elemento de información móstranse as relacións de postos de traballo de cada un dos ministerios.
O artigo 74 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Públicoregula a Ordenación dos postos de traballo e indica:
"As Administracións Públicas estruturarán a súa organización a través de relacións de postos de traballo ou outros instrumentos organizativos similares que comprenderán, polo menos, a denominación dos postos, os grupos de clasificación profesional, os corpos ou escalas, no seu caso, a que estean adscritos, os sistemas de provisión e as retribucións complementarias. Estes instrumentos serán públicos."
A información que figura nos ficheiros en formato PDF correspóndese coa existente á data de extracción dos datos, sen que sexa obxecto de actualización posterior á data de referencia. A columna de estado pretende simplificar a información ofrecida ao cidadán, polo que non se corresponde estritamente con situacións xurídicas. A cualificación dun posto como vacante tampouco é obxecto de actualización e non exclúe que á data de extracción de datos este posto estea comprometido ou se prevexa o seu compromiso nalgún procedemento de provisión ou nunha modificación da relación de postos de traballo.
Información actualizada a setembro de 2018.
Notas:
- Relacións de Postos de Traballo nos Ministerios Suprimidos
- Non están actualizada a Relación de Postos de Traballo do Persoal Laboral do Consello de Administración do Patrimonio Nacional