Aprobación plans de prevención riscos consellerias
Tabla resumo da actividade
Compromiso, iniciativa e actividade
Inicio
Fin
Estado
03. GALICIA
10.6. Galicia: Marco de integridade institucional
10.6.2. Aprobación de planes de prevención de riesgos de gestión en todas las consellerías que permitan prevenir, identificar, evaluar y dar respuesta a la posible ocurrencia de actuaciones irregulares
01/01/2021
31/12/2022
Finalizada
Estado de execución
El 10 de diciembre de 2021 el Consello de la Xunta de Galicia ha aprobado el Plan General de Prevención de Riesgos de Gestión y Medidas Antifraude de la Xunta de Galicia.
Así mesmo, aprobouse un modelo de plan específico para que as distintas Consellerías elaboren e aproben os seus plans específicos de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, incluíndo tanto aos departamentos da administración xeral como ás entidades instrumentais adscritas. Progresivamente fóronse aprobando plans específicos nas diferentes Consellerías da Xunta de Galicia.
Actualmente existen 66 centros directivos e entidades con plans específicos de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude aprobados. El proceso de aprobación de plans específicos é continuado no tempo e os novos plans vanse incorporando como adendas e poden consultarse no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia (https://transparencia.xunta.gal/integridade-institucional)
O 19 de maio de 2023 o Consello da Xunta de Galicia procedeu a aprobar unha revisión e actualización do Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, na que, entre outras cuestións, regulouse de forma pormenorizada o procedemento a seguir ante eventuais situacións de conflito de interese, adaptouse a canle de denuncias xa existente ás previsións da nova Lei 2/2023, incorporouse unha nova matriz para realizar a avaliación de riscos, e instouse a todos os departamentos da Comunidade Autónoma a actualizar os seus plans específicos de medidas antifraude.
A partir de este momento os distintos centros directivos e entidades instrumentais da Xunta de Galicia comezaron a tarefa de aprobar os seus novos plans antifraude. Se ben aínda existen algúns departamentos pendentes da actualización, a práctica totalidade dos plans específicos de prevención de riscos de xestión e de medidas antifraude xa están aprobados.