En dicho plan, se recoge un eje específico relativo a la transparencia.
Como aspecto a destacar nesta acción debe sinalarse que se crearon 6 novas seccións no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, de distintas tipoloxías, pero ademais, para facilitar á cidadanía o coñecemento das novas seccións e contidos que se cren no Portal incorporouse un novo apartado no que se destacan as novidades no Portal, que pode consultarse na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/ultimas-novidades/novidades-e-melloras-do-portal.
Ademais, coa finalidade de dar maior visibilidade á canle de suxestións do Portal de Transparencia e Goberno Aberto e fomentar o seu uso por parte da cidadanía, dispúxose unha ligazón á canle de suxestións de melloras do Portal no primeiro nivel de navegación. Así mesmo, no ano 2023 incorporouse un novo apartado desde o cal se pode consultar o "Orzamento cidadán", o cal se configura como un instrumento de transparencia para achegar á cidadanía o orzamento da Comunidade Autónoma cunha linguaxe clara, sinxela e accesible, facilitando así a súa comprensión por parte de todas as persoas. Pódese acceder na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-economica-orzamentaria-e-estatistica/orzamentos/orzamento-cidadan