Configuración dixital de procedementos administrativos
Tabla resumo da actividade
Compromiso, iniciativa e actividade
Inicio
Fin
Estado
GALICIA
10.8.Galicia: Administración Dixital e participación
10.8.1. Culminación da configuración dixital dos procedementos administrativos para que teñan un funcionamento plenamente electrónico, ofrecendo así uns servizos fáciles de utilizar, áxiles e con menos cargas burocráticas
En este plan, recóllese un eixo específico relativo á simplificación de procedementos administrativos, que recolle a previsión de continuar co proceso de dixitalización dos procedementos administrativos. En outubro de 2021, dentro do proceso de dixitalización realizouse un proceso de revisión que se concretou na posta a disposición en sede electrónica de 106 procedementos administrativos que aínda non figuraban dispoñibles de forma electrónica.
Ademais, ten unha especial relevancia o esforzo que se está realizando actualmente para conseguir unha completa configuración dixital do procedemento de contratación pública, mediante a extensión do uso da ferramenta de tramitación electrónica integral do procedemento de contratación a todas as Consellerías da Xunta de Galicia.
Ao longo do ano 2022 continuouse traballando de face a incorporar ao sistema de tramitación electrónica integral da Xunta de Galicia aos distintos departamentos, coa previsión de iniciar o ano 2023 coa maior parte das Consellerías da Xunta de Galicia incorporadas ao sistema de tramitación electrónica integral de contratación pública.
No ano 2023 continuouse cos trabalos de incorporación de procedementos á sede electrónica e á dixitalización de procedementos.