Con data 17/11/2020 están públicados 27.992 bens inmobles no Portal da Transparencia. 4.547 menos que na última actualización. Deles 4.464 corresponden aos Ministerios de Interior e Defensa que deixaron de publicarse.
Estes bens inmobles corresponden un aproximadamente un 70% a Bens Patrimonales e un 30% aos Ministerios. Máis da metade dos Bens Inmobles dos Ministerios corresponde á Seguridade Social. A información correspondente á Seguridade Social actualizouse o 17/12/2020, que está incluída no Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, e a do resto de Ministerios está actualizada o 05/10/2020.
Gráficamente:
Sen incluír os Bens Patrimoniais, o Ministerio que dispón de máis inmobles é o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións con4.495 (Seguridade Social), e a seguir o Ministerio de Traballo con 709.
Gráficamente:
Desde o punto de vista de consultas do Portal da Transparencia, os Bens Patrimoniais están incluídos no Ministerio de Facenda, e os da Seguridade Social no Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Dos 27.992 Bens Inmobles, só 358 están fóra do territorio Español.
Gráficamente:
Os 27.629 restantes atópanse distribuídos entre as diferentes provincias españolas, sendo Valencia con 3.923 a que máis inmobles ten e Ceuta con 51 a que menos ten.
Gráficamente:
Desde o punto de vista do tipo de inmoble, 17.7160 Bens Inmobles son de tipo Rústico, 6.505 son Edificios, 2.295 son Solares, 1.305 son Locais, 486 son Predios Rústicos, 120 son Vivendas, 94 Naves e 27 Prazas de Garaxe.