9.1. Observatorio de boas prácticas en Goberno Aberto: creación e posta en marcha
9.1.2. Identificación de boas prácticas
01/11/2020
30/09/2024
Finalizada
Estado de execución
Como punto de partidao observatorio incluía as24 prácticasrecollidas no compromiso 9. "Observatorio sobre Goberno Aberto" do IV Plan de Goberno Aberto, e obxecto de seguimento durante o período de vixencia do plan.
O procedemento para a inclusión de novas prácticas recóllese no documento de requisitos do Observatorio, así como o formulario para o envío de novas propostas de boas prácticas, modelo de ficha da iniciativa, que foi compartido co Grupo de Traballo de Colaboración na reunión do 19/01/2021 e aprobado pola Comisión Permanente do Foro de Goberno Aberto, na súa reunión de 01/06/2021.
O observatorio integrará boas prácticas sectoriais en materia de goberno aberto promovidas por:
Administración Xeral do Estado e os seus organismos e entidades dependentes.
Administracións das Comunidades e Cidades Autónomas e os seus organismos ou entidades dependentes.
Entidades Locais.
FEMP.
Universidades españolas.
Organizacións da sociedade civil en colaboración coas Administracións públicas.
As Administracións públicas tamén poderán propor a incorporación ao observatorio de boas prácticas que recibisen algún tipo de recoñecemento ou premio pola súa contribución aos valores de Goberno Aberto. Con carácter previo á súa publicación, as propostas valóranse de acordo con os obxectivos e criterios establecidos no Documento Marco para a Elaboración do IV Plan de Goberno Aberto, acordado pola Comisión Permanente do Foro de Goberno Aberto o 14 de febreiro de 2019, e debátense no seo do Grupo de Traballo de Comunicación e Colaboración e da Comisión Permanente do Foro de Goberno Aberto.
Xuño de 2021. A Subdirección Xeral de Goberno Aberto recibiu dúas novas propostas de inclusión de boas prácticas, que fuerón valoradas conforme o procedemento e elevadas para estudo ao Grupo de Traballo de Comunicación e Colaboración, que as aprobou na súa reunión do 15/06/2021:
Xuño de 2022. A Subdirección Xeral de Goberno Aberto recibiu dúas novas propostas de inclusión de boas prácticas, que fuerón valoradas conforme o procedemento e elevadas para estudo ao Grupo de Traballo de Comunicación e Colaboración, que as aprobou na súa reunión do 21/06/2022: