10.19. C. Valenciana: Estratexia valenciana de apertura e reutilización de datos
10.19.1. Organizar e implicar ás unidades e comisións de transparencia das consellerías, no marco da comisión técnica interdepartamental de transparencia, na coordinación do proceso de apertura e reutilización de datos en cada consellería
01/09/2020
31/12/2020
Finalizada
Estado de execución
Realizouse na orde do día na comisión técnica de coordinación en materia de transparencia celebrada o día 14 de xaneiro de 2021, dentro do punto “5. Protocol i interlocutors en dades obertes”. Nesta comisión están todas as consellerias da Generalitat. As unidades de transparencia exercerán un papel de coordinación na apertura de conxuntos de datos da conselleria correspondente.
NoAcordo do Consell polo que se solicita a adhesión á Carta Internacional de Datos Abertos e acórdase impulsar a estratexia valenciana de datos abertos tamén,acórdase tamén que esta contará coa colaboración dos departamentos e entidades da Administración da Generalitat e o seu sector público cos mecanismos de coordinación do Decreto 105/2017, do 28 de xullo, do Consell, de desenvolvemento da Lei 2/2015, do 2 de abril, da Generalitat, en materia de transparencia e de regulación do Consello de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno.