Seguimento do III Plan de Acción de Goberno Aberto
Cumprimento global dos compromisos do III Plan ao 30 de xuño de 2019
O 30 de xuño de 2019 finalizou o prazo de execución do III Plan. O 87% das actividades cumpriuse totalmente e nun 8% das actividades avanzouse significativamente.
Pode consultar o cumprimento dos compromisos e enviar os seus comentarios.
O eixo Colaboración agrupa os compromisos que teñen por obxecto o fortalecemento dun modelo de Gobernación baseado no diálogo con actores tanto públicos como privados.
As medidas incluídas neste apartado do Plan tiveron por obxecto reforzar a colaboración tanto coa sociedade civil como coas distintas Administracións Públicas e potenciar a cooperación interadministrativa, tendo en conta a realidade do Estado Español.
O eixo Participación agrupa aos compromisos que teñen por obxecto situar aos cidadáns nun papel máis activo e protagonista, pondo ao seu dispor mecanismos de diálogo e participación nos asuntos públicos.
Este eixo reúne os compromisos dirixidos a fortalecer os os alicerces básicos de Goberno Aberto, o dereito de acceso á información e a publicidade activa, facilitando o seu exercicio a través da mellora continua dos recursos e ferramentas postos a disposición dos cidadáns, ofrecendo información completa, clara, ordenada e de fácil acceso en formato aberto para a súa reutilización.
Baixo este eixo inclúense compromisos orientados a ofrecer á cidadanía maior información sobre a actuación da Administración para a rendición de contas en ámbitos sectoriais específicos.
Trátase de medidas que contribúen a reforzar a transparencia en ámbitos da actuación pública nas que a información ten un forte valor engadido e facilita o escrutinio polos cidadáns da acción pública.
Os compromisos agrupados baixo o eixo Formación teñen por obxecto difundir unha cultura baseada nos principios do Goberno Aberto e comprende tres tipos de actuacións:
En primeiro lugar, actividades de formación dos empregados públicos nas bases conceptuais, valores, ferramentas e estratexias de Goberno Aberto.
En segundo lugar, actuacións de sensibilización da sociedade civil para difundir entre a cidadáns información sobre os seus dereitos nas súas relacións coas Administracións Públicas, os mecanismos existentes para participar e colaborar con elas co obxecto de achegar a Administración aos cidadáns e estimular a participación.
En terceiro lugar, o Plan inclúe medidas de educación en Goberno Aberto, dirixidas a alumnos de ensinos pre-universitarias para o desenvolvemento de competencias sociais e cívicas.