Tendo en conta o alcance final dos procesos de investigación e consulta previa á elaboración da Lei Orgánica do Sistema Universitario, decidiuse non realizar finalmente esta actividade, tendo en consideración ademais a situación derivada da pandemia, que complicaría enormemente a loxística da celebración duns Estados Xerais pola Universidade. A información solicitada e as moitas achegas e informes recibidos, ademais dos 91 encontros, entrevistas e mesas de traballo realizadas avaliouse como suficiente para os obxectivos de transparencia, participación e goberno aberto establecidos ao comezo deste proxecto lexislativo.