Recoñecemento de compatibilidade de persoas que traballan na Administración Xeral do Estado
Compatibilidades de empregadas e/ou empregados públicos tanto para actividade pública como para actividade privada.
Información actualizada a 02/07/2025
Fonte dos datos
Oficina de Conflitos de Intereses - Mº para a Transformación Dixital e da Función Pública
Periodicidade da publicación
Anual
Criterio de ordenación
Data de resolución (primeiro as máis recentes)
As resolucións de autorización de compatibilidade para o exercicio de actividades públicas ou privadas outorgadas, ao abeiro da normativa en materia de incompatibilidades, desde o 1 de xaneiro de 2014 aos empregados públicos da Administración Xeral de Estado, da Seguridade Social e dos entes, organismos e empresas dependentes.
As resolucións que autorizan ou recoñecen unha compatibilidade non se extinguen e/ou perden o seu efecto, por expiración dun determinado prazo sinalado na lei.
Estas quedan automaticamente sen efecto só se se produce algunha variación das condicións que serviron de base para a súa concesión (como por exemplo un cambio de posto no sector público ou unha modificación no horario no que se realiza a actividade privada).
A información fornécese en dúas listaxes por ano:
Resolucións de autorización de compatibilidade para Actividades Públicas: Contén as compatibilidades autorizadas para desempeñar un segundo posto, cargo ou actividade no sector público. Móstrase a denominación do posto, centro de traballo, departamento, localidade e provincia de cada un dos postos.
Resolucións de Compatibilidade para Actividades Privadas: Contén as compatibilidades recoñecidas para desempeñar actividades de carácter privado. Móstrase a denominación do posto público, centro de traballo, departamento e localidade e provincia, así como o tipo de actividade privada, empresa –no seu caso-, localidade e provincia.
Evolución do número de compatibilidades publicadas
O número de empregadas e/ou empregados públicos que teñen autorizada a compatibilidade con outra actividade aumentou en 1075, desde 2024. Este aumento correspóndese cun aumento de 763 compatibilidades con actividade privada. O incremento en compatibilidades con actividade pública é de 319