Información actualizada ao 24 de febreiro de 2025.
Están reguladas no artigo 21 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Artigo 21. Unidades de información.
As Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación deste título establecerán sistemas para integrar a xestión de solicitudes de información dos cidadáns e cidadás no funcionamento da súa organización interna.
No ámbito da Administración Xeral do Estado, existirán unidades especializadas que terán as seguintes funcións:
Solicitar e difundir a información á que se refire o capítulo II do título I desta Lei.
Recibir e dar tramitación ás solicitudes de acceso á información.
Realizar os trámites internos necesarios para dar acceso á información solicitada.
Realizar o seguimento e control da correcta tramitación das solicitudes de acceso á información.
Levar un rexistro das solicitudes de acceso á información.
Asegurar a dispoñibilidade na respectiva páxina web ou sede electrónica da información cuxo acceso se solicita con máis frecuencia.
Manter actualizado un mapa de contidos no que queden identificados os distintos tipos de información que obre en poder do órgano.
Todas aquelas que sexan necesarias para asegurar unha correcta aplicación das disposicións desta Lei.
O resto das entidades incluídas no ámbito de aplicación deste título identificarán claramente o órgano competente para coñecer das solicitudes de acceso.