Acceder al contenido principal

Sección con el contenido principal

Persoal eventual da Administración Xeral do Estado

O persoal eventual ten un carácter non permanente e só realiza funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial, sendo retribuído con cargo aos créditos orzamentarios consignados para este fin.

O nomeamento e cesamento serán libres. O cesamento terá lugar, en todo caso, cando se produza o da autoridade á que se preste a función de confianza ou asesoramento.

A condición de persoal eventual non poderá constituír mérito para o acceso á Función Pública ou para a promoción interna.

Ao persoal eventual seralle aplicable, no que sexa adecuado á natureza da súa condición, o réxime xeral dos funcionarios de carreira.

Pode descargar en formato XLSX e en formato ODS a relación dos postos de persoal eventual da Administración Xeral do Estado: