Aprobación planes prevención de riesgos entidades públicas
Compromiso, iniciativa e actividade | Inicio | Fin | Estado | |
---|---|---|---|---|
GALICIA 10.6. Galicia: Marco de integridade institucional 10.6.3. Aprobación de plans de prevención de riscos de xestión en entidades públicas instrumentais que permitan previr, identificar, avaliar e dar resposta á posible ocorrencia de actuacións irregulares. |
01/01/2023 |
30/06/2024 |
Finalizada |
Estado de execución
O 10 de decembro de 2021 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Plan Xeral de Prevención de Riscos de Xestión e Medidas Antifraude da Xunta de Galicia.
Así mesmo, aprobouse un modelo de plan específico para que as distintas Consellerías elaboren e aproben os seus plans específicos de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, incluíndo tanto aos departamentos da administración xeral como ás entidades instrumentais adscritas. Progresivamente se han ido aprobando plans específicos nas diferentes Consellerías da Xunta de Galicia.
https://transparencia.xunta.gal/integridade-institucional
Actualmente existen 66 centros directivos e entidades con plans específicos de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude aprobados. O proceso de aprobación de plans específicos é continuado no tempo e os novos plans vanse incorporando como adendas e poden consultarse no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia (https://transparencia.xunta.gal/integridade-institucional)
O 19 de maio de 2023 o Consello da Xunta de Galicia procedeu a aprobar unha revisión e actualización do Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, na que, entre outras cuestións, regulouse de forma pormenorizada o procedemento a seguir ante eventuais situacións de conflito de interese, adaptouse a canle de denuncias xa existente ás previsións da nova Lei 2/2023, incorporouse unha nova matriz para realizar a avaliación de riscos, e instouse a todos os departamentos da Comunidade Autónoma a actualizar os seus plans específicos de medidas antifraude.
A partir deste momento os distintos centros directivos e entidades instrumentais da Xunta de Galicia comezaron a tarefa de aprobar os seus novos plans antifraude. Aínda que aínda existen algúns departamentos pendentes da actualización, a práctica totalidade dos plans específicos de prevención de riscos de xestión e de medidas antifraude xa están aprobados.