Seguimiento de las ventajas obtenidas por la Xunta
Compromiso, iniciativa e actividade | Inicio | Fin | Estado | |
---|---|---|---|---|
GALICIA 10.7. Galicia: Sistema integrado de atención cidadanía e Goberno aberto 10.7.3. Seguimento das vantaxes obtidas pola Xunta, tras a posta en funcionamento da aplicación SIACI, na tramitación dos procedementos a través da aplicación SIACI |
01/01/2022 |
30/06/2024 |
Finalizada |
Estado de execución
Ao longo do ano 2021 puxéronse en marcha cinco grupos de traballo para a mellora de 5 procedementos concretos que culminaron nos correspondentes plans de mellora. Os resultados e conclusións dos este plans de mellora poden consultarse no Portal de Transparencia e Goberno Aberto: https://transparencia.xunta.gal/participacion-e-relacions/procedementos-e-servizos/oficina-defensa
Froito destes traballos identificáronse propostas de mellora deste cinco procedementos concretos, pero tamén melloras xerais na prestación dos servizos públicos non vinculadas a un único procedemento, como a posta en marcha da Canle 65, unha canle específica de atención directa e preferente para as persoas maiores de 65 anos.
Respecto ao ano 2023, elaboráronse tres plans de mellora relativos a probas de competencias crave, certificado de profesionalidade, e bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións de formación profesional para o emprego.
Todos estes plans de mellora, aínda que están orientados á cidadanía, abordan tamén unha mellora de face a xestión administrativa, ao abordar entre as posibles melloras a utilización de novas aplicacións, maior interoperabilidade, etc..
Ademais, debe destacarse igualmente que a aplicación SIACI incorpora funcionalidades como modelos de resolucións, avisos de finalización de prazo, etc., o que redunda nunha mellora da xestión.