Normas de uso de X-Twitter
A conta de X-Twitter do Portal da Transparencia da Administración Xeral do Estado (https://twitter.com/transparencia_e) está destinada a dar información a os usuarios e usuarias desta rede social.
Esta é a conta oficial da Dirección Xeral de Gobernación Pública, adscrita á Secretaría de Estado de Función Pública - Ministerio de Facenda e Función Pública, e ten o obxectivo de ser unha canle de información e comunicación das accións desta unidade.
Os comentarios e mensaxes recibidas corresponden a opinións individuais e non representan as opinións desta Administración.
Todas as interaccións e mencións son continuamente revisadas. Por norma xeral, non se contestarán as mencións, salvo para redirixir pedimentos de información específicas que correspondan a outros organismos da Administración.
Agradecemos os comentarios e as achegas que a cidadanía desexe realizar. Propomos unhas normas básicas de participación:
- Utilice sempre unha linguaxe correcta e educada.
- Respecte a privacidade dos demais.
O equipo de contidos resérvase o dereito a reportar a X-Twitter actuacións abusivas por parte dos usuarios e usuarias, así como a bloquear a aqueles que incorran en comportamentos tales como:
- Expresións irrespetuosas, difamatorias ou abusivas.
- Ligazóns a páxinas que conteñan contido daniño ou perigoso para outros usuarios ou usuarias.
- SPAM ou publicidade doutras marcas, produtos ou servizos.
- Datos persoais alleos ao autor ou autora do comentario.
- Reiteraciones ou comentarios repetidos.