Normas de uso das redes sociais
As contas da Rede X (https://x.com/transparencia_e) e de Youtube (https://www.youtube.com/channel/ucdltvyzaitkcoqmgea-MPkQ) do Portal da Transparencia da Administración Xeral do Estado están destinadas a dar información a os usuarios e usuarias desta rede social.
Son as contas oficiais da Dirección Xeral de Gobernación Pública, que pertence á Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. O seu obxectivo é ofrecer información sobre as accións desta unidade a todos os seus usuarios.
Os comentarios e mensaxes recibidas corresponden exclusivamente a opinións individuais.
Agradecemos os comentarios e as achegas que a cidadanía desexe realizar. Propomos unhas normas básicas de participación:
- Utilice sempre unha linguaxe correcta e educada.
- Respecte a privacidade dos demais.
O equipo de contidos pode notificar a X e bloquear aos usuarios e usuarias que teñan comportamentos como:
- Expresións irrespetuosas, difamatorias ou abusivas.
- Ligazóns a páxinas que conteñan contido daniño ou perigoso para outros usuarios ou usuarias.
- SPAM ou publicidade doutras marcas, produtos ou servizos.
- Publicación de datos persoais doutras persoas.
- Reiteracións ou comentarios repetidos.
Todas as interaccións e mencións son continuamente revisadas.
As mensaxes directas serán contestadas sempre que cumpran cos criterios descritos anteriormente.