Acceder al contenido principal

Sección con el contenido principal

7.3.6. Seguimiento Plan Formación

Tabla resumo da actividade
 Compromiso, iniciativa e actividade  Inicio  Fin  Estado

 7. Educación e formación en Goberno Aberto

 7.3. Redución da fenda dixital: formación e acreditación de competencias da muller rural

 7.3.6. Seguimento e axuste do plan de formación   

 02/09/2021 

 30/06/2024  

 

Finalizada

bóla gris: actividade non iniciada

 

Estado de execución

LLa revisión e axuste da oferta formativa de Mentor realízase de maneira continua, para garantir a súa  funcionalidade. Para iso utilízanse como fontes de información o cuestionario de satisfacción que cobre todo alumno de Aula Mentor, así como os informes finais que os coordinadores de cursos remiten anualmente. Con estas evidencias traballa a Unidade responsable da xestión do programa para incorporar as modificacións (tecnolóxicas, vinculadas a contidos, á tutoría telemática, etc..) que se requiren. Xunto a isto, é de destacar a revisión que do Catálogo formativo vén facendo para ampliar o número de cursos referenciados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais  e facilitar así  que as persoas que realizan estes cursos configuren un itinerario formativo que lles permita acreditar a adquisición de unidades de competencia capitalizables en oferta formativa do sistema de formación profesional.

No momento de peche da actuación, o catálogo formativo de Aula Mentor conta cun total de 242 cursos, agrupados en 14 áreas formativas e coa posibilidade de configurar unha ampla variedade de itinerarios formativos, 40 dos cales son acreditables.