Acceder al contenido principal

Sección con el contenido principal

2.2.3. Publicación de resoluciones de acceso por tipología

Táboa resumen da actividade
 Compromiso, iniciativa e actividade  Inicio  Fin  Estado

 2. Plan de mellora e reforzo da transparencia

 2.2. Mellora do Portal da Transparencia, e rendición de contas

 2.2.3. Publicación de resolucións de acceso por tipoloxía

 01/11/2020  

30/09/2024

 

 

  Parcialmente

Executada

bóla laranxa: actividade parcialmente executada

                            

Estado de execución

Obxectivo: Publicar no Portal todos os pedimentos aceptados de dereito de acceso á información, clasificadas por tipoloxía (materia RISP)

Estado actual:

Durante os anos de vixencia da Lei 19/2013, do 9 de decembro, estívose traballando na anonimización das resolucións estimatorias de dereito de acceso á información con obxectivo de pór a disposición dos cidadáns o contido destas resolucións de tal forma que se garanta o anominato do solicitante de información.

O IV Plan de Goberno Aberto para o período 2020-2024 incorpora un novo compromiso, isto é a publicación de resolucións de acceso por tipoloxía, que require a realización dunha serie de actuacións previas de revisión e catalogación.

Esta revisión e catalogación xa se iniciou coas resolucións anonimizadas ata o ano 2021 emitidas pola dirección xeral de Gobernación Pública utilizando unha clasificación por tipoloxía de resolución e por tipoloxía RISP.

Continúase traballando na catalogación do resto de resolucións e na anonimización e catalogación das resolucións correspondentes aos anos 2022 e 2023.