Acceder al contenido principal

Sección con el contenido principal

Publicar Contenidos reutilizables en el Portal

Táboa resumen da actividade
 Compromiso, iniciativa e actividade  Inicio  Fin  Estado

 GALICIA

 10.9. Galicia: Transparencia, rendición de contas e accesibilidade

 10.9.4. Publicar contidos reutilizables no Portal e Goberno Aberto da Xunta de Galicia.

 01/11/2020  

 30/06/2024  

 

 Finalizada

bóla laranxa: actividade parcialmente executada

                            

Estado de execución

A pesar de que a data prevista de inicio no IV Plan de Goberno Aberto era 2022, xa se está traballando nesta actividade.

A Xunta de Galicia aprobou o Plan Xeral de xestión e mellora da calidade dos servizos do sector público autonómico de Galicia 2021-2023.

No este plan, recóllese un eixo específico relativo á transparencia.

Sobre esta base, séguese traballando no deseño e planificación de melloras no Portal de Transparencia e Goberno Aberto, tanto a nivel de melloras tecnolóxicas, como de contidos e de formatos nos que se pon a disposición a información.

Ao longo do ano 2021 incorporáronse ao portal Abert@s 12 “conxuntos de datos”. En concreto, o detalle dos novos contidos en formato reutilizable pode consultarse na seguinte ligazón: https://abertos.xunta.gal/busca-de-datos?ordenacion=publicacion&temas=&tipos=&formatos=&fonteDatos=&q

No ano 2022 realizouse un importante esforzo neste ámbito, que finalizou con 86 conxuntos de datos máis en formato reutilizable no portal Abert@s. Actualmente, no catálogo de datos abertos deste Portal figuran dispoñibles un total de 512 conxuntos de datos en formato reutilizable.