Acceder al contenido principal

Sección con el contenido principal

Actualización del codigo ético

Táboa resumen da actividade
 Compromiso, iniciativa e actividade  Inicio  Fin  Estado

 GALICIA

 10.6. Galicia: Marco de integridade institucional

 10.6.5. Actualización do Código ético institucional da Xunta de Galicia aprobado no ano 2014, para reforzar os principios de integridade e exemplaridade para os altos cargos e os empregados públicos

 01/01/2021

31/12/2021

Parcialmente Ejacutada

                            

Estado de execución

O 26 de maio de 2021 aprobouse o Programa marco de integridade institucional ao que se refire a actividade 10.6.1., que prevé a modificación do Código ético nos aspectos indicados no compromiso.

Aínda que non se procedeu á actualización do Código ético desde un punto de vista formal, desde unha perspectiva material os seus contidos si foron actualizados a través doutros instrumentos, en concreto, a revisión e actualización do Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia levada a cabo o 19 de maio de 2023 supuxo unha auténtica actualización dos contidos do Código ético, ao profundar nas declaracións institucionais de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, na pormenorización dos pasos a seguir nos casos de existencia de situacións de posible conflito de intereses, tanto de altos cargos como de persoal empregado público e na adopción de medidas de difusión e a creación dunha caixa de correos de integridade a disposición de todo o persoal empregado público da Xunta de Galicia.

Sen prexuízo de todos estes avances, está a traballarse nos primeiros borradores de actualización do código ético institucional da Xunta de Galicia, para que se recolla de maneira sistemática todos estes avances dos últimos anos.